O grao en Comunicación Audiovisual proporciona a formación universitaria dun ámbito de coñecemento científico e académico e dun campo de exercicio profesional consolidado e amplamente estendido.
Entre os seus obxectivos está o de formar profesionais especializados e tecnicamente preparados para a creación audiovisual en contornas dixitais, tanto para televisión como internet e calquera outro soporte multimedia.
A adquisición equilibrada do conxunto de saberes e destrezas da titulación garantirá ao graduado en Comunicación Audiovisual unha adecuada preparación para a súa posterior vida laboral.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 12 de decembro de 2023.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
45 |
A Facultade de Ciencias da Comunicación forma aos seus alumnos para tarefas de dirección, realización e produción en medios audiovisuais, guionistas, deseñadores de produción, de contido interactivo e multimedia, entre outras.
Dentro do Grao en Comunicación Audiovisual da UDC, o estudante poderá graduarse coa mención en Comunicación Audiovisual Multiplataforma, mención en Contidos 3D ou sen mención específica.
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
Data publicación plan estudos DOG | 24/10/2022 |
Data publicación plan estudos BOE | 27/10/2022 |