O Grao en Galego-Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, aprobado no BOE do día 5 de xaneiro de 2010, ofrece unha sólida formación en lingua, literatura e cultura para o ámbito galego-portugués a través das diferentes materias que o integran e dos 240 créditos que debe cursar o seu alumnado.
Tamén proporciona unha ampla perspectiva das correntes lingüísticas e da ciencia literaria aplicadas ao galego e ao portugués. Alén disto, facilita a adquisición de coñecementos avanzados das linguas e literaturas española e inglesa, ben como o coñecemento práctico doutros idiomas que escolle o propio alumnado (francés, italiano).
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 11 de xullo de 2017.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
40 |
A titulación ofrece unha formación actualizada, rigorosa e singular no marco do sistema universitario galego. Así, centrándose no dominio lingüístico galego-portugués, é a única que concede atención equivalente aos dous idiomas, nuns tempos en que os países de lingua oficial portuguesa, nomeadamente o Brasil, están a adquirir unha gran relevancia internacional.
Para a consecución de todos estes obxectivos, combina os necesarios coñecementos lingüísticos, literarios e culturais co manexo das ferramentas derivadas das novas tecnoloxías. Igualmente, ofrece a posibilidade de completar esta formación en prestixiosas universidades estranxeiras con que existen convenios subscritos(Évora, Minho, Lisboa, Porto etc.), e de coñecer desta maneira outras culturas e xentes no seu propio país. Así, o estudantado, ao concluír o grao, está nunhas condicións óptimas para aplicar as experiencias e coñecementos adquiridos ao mundo laboral ou á continuación dos seus estudos superiores.
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 07/07/2009 |
Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
Data publicación plan estudos DOG | 14/05/2010 |
Data publicación plan estudos BOE | 26/04/2010 |