Programa de simultaneidade do Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios e o Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios

2023/2024 · 324 créditos

Introdución

O programa de simultaneidade do Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios e o Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios ofrece unha sólida formación en lingua, literatura e cultura para os ámbitos hispánico e galego-portugués. Tamén proporciona unha ampla perspectiva das correntes lingüísticas e da ciencia literaria aplicadas ao español e ao galego e portugués. Alén disto, facilita a adquisición duns coñecementos avanzados da lingua e literatura inglesas, ben como o coñecemento práctico doutros idiomas que escolle o propio alumnado (francés, italiano).

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
739€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
5

Por que estudar a titulación

En só cinco anos, o alumnado consegue ter dúas titulacións sen custos adicionais. O programa ofrece unha formación actualizada, rigorosa e singular no marco do sistema universitario galego, pois é o único que facilita cursar en paralelo dous títulos. Para iso, combina os necesarios coñecementos lingüísticos, literarios e culturais co manexo das ferramentas derivadas das novas tecnoloxías. Igualmente, ofrece a posibilidade de completar a formación en pretixiosas universidades estranxeiras con que existen convenios e de coñecer desta maneira outras culturas e xentes no seu propio país. O estudantado, ao concluír o programa, está nunhas condicións óptimas para aplicar as experiencias e coñecementos adquiridos ao mundo laboral ou á continuación de estudos superiores.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2015/2016