O programa de simultaneidade do Grao en Inglés: Estudos Linguísticos e Literarios e o Grao en Galego-Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios ofrece unha sólida formación en lingua, literatura e cultura para os ámbitos anglófono e galego-portugués. Tamén proporciona unha ampla perspectiva das correntes lingüísticas e da ciencia literaria aplicadas ao inglés e ao galego e portugués. Alén disto, facilita a adquisición duns coñecementos avanzados da lingua e literatura españolas, ben como o coñecemento práctico doutros idiomas que escolle o propio alumnado (francés, italiano).
O estudo está verificado e pendente de publicación
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
5 |
En só cinco anos, o alumnado consegue ter dúas titulacións sen custos adicionais. O programa ofrece unha formación actualizada, rigorosa e singular no marco do Sistema Universitario Galego, pois é o único que facilita cursar en paralelo dous títulos. Para iso, combina os necesarios coñecementos lingüísticos, literarios e culturais co manexo das ferramentas derivadas das novas tecnoloxías. Igualmente, ofrece a posibilidade de completar a formación en pretixiosas universidades estranxeiras con que existen convenios e de coñecer desta maneira outras culturas e xentes no seu propio país. O estudantado, ao concluír o programa, está nunhas condicións óptimas para aplicar as experiencias e coñecementos adquiridos ao mundo laboral ou á continuación de estudos superiores.