O Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios ofrece a formación que precisan os e as profesionais da lingua española e das literaturas e cultura hispánicas.
Proporciona unha ampla perspectiva das literaturas española e hispanoamericana e das correntes lingüísticas e da ciencia literaria.
Ademais, permite a adquisición de coñecementos avanzados das linguas e literaturas galega e inglesa, así como o coñecemento práctico doutras linguas (francés, italiano, portugués, alemán).
·
Titulación oficial de grao, de 240 créditos cursados en 4 cursos, publicada no BOE de 5/1/2010 e verificada. Sistema de garantía de calidade acreditado pola ACSUG no programa Fides-Audit.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 11 de xullo de 2017.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
30 |
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 28/06/2009 |
Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
Data publicación plan estudos DOG | 14/05/2010 |
Data publicación plan estudos BOE | 26/04/2010 |