Grao en Dereito

2023/2024 · 240 créditos

Introdución

Na Facultade de Dereito coruñesa vénse impartindo a titulación de Dereito dende hai máis de trinta anos. O que supón que se graduaron máis de 4.500 alumnos.

O Grao en Dereito como título oficial vense impartindo na Facultade de Dereito dende hai trece anos, de maneira que no curso presente 2021-2022 se graduará a décima promoción.

O Grao en Dereito articúlase en catro cursos -240 créditos ECTS- e, á súa vez, cada curso en materias cuadrimestrais. Cunha media de cinco materias en cada cuadrimestre.

Dende o curso 2013-2014 poden cursarse, con carácter voluntario, determinadas materias

do Grao en Dereito, íntegramente en inglés o que lles permitirá, por exemplo cursar unha dobre titulación cunha Universidade inglesa .

A media de alumnos por grupo é de 60 para as clases teóricas e de 20 para as prácticas.

A nota de corte no curso 2021-2022 para o Grao en Dereito (120 prazas ofertadas) situouse nun 9,176.

A nota de corte no curso 2021-2022 para a simultaneidade do Grao en Dereito + ADE (soamente se ofertan 60 prazas) situouse nun 11,802.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 12 de decembro de 2023.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
739€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
108

Por que estudar a titulación

Nunha facultade de Dereito é onde se forman os xuristas (avogados, xuíces, fiscais etc.). O seu labor principal é interpretar e aplicar a lei e representar e defender os cidadáns ante os conflitos que se lles formularen. Se te rebelas ante as inxustizas e soñas con defender aos desprotexidos ou con aplicar a xustiza como xuíz ou fiscal pode que esta sexa a túa carreira.

Poderás cursar:

  • Grao en Dereito con itinerario bilingüe (inglés - castelán/galego), único en todo o Sistema Universitario Galego (SUG)
  • Programa de Simultaneidade do Grao en Dereito e ADE

Poderás complementar a túa formación académica:

  • Participación en conferencias e congresos impartidas por destacados profesionais
  • Participación en sesións e xuízos nas sedes do TSXG, da Audiencia Provincial e resto de órganos xudiciais radicados na cidade

Poderás continuar a túa formación ao finalizar o Grao en Dereito:

  • Máster Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial
  • Dobre Máster Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial (UDC)+ LLM in Corporate Law & Finance en la Widener Law School
  • Máster Universitario en Avogacía
  • Máster Universitario en Avogacía + Common Law en la Fordham Law School (Nueva York)

Ensinanzas impartidas por profesorado, xuristas e profesionais de prestixio nacional e internacional que integran grupos de investigación cunha ampla experiencia e unha notable transferencia de resultados.

Vinculación con profesionais e institucións xurídicas para a realización de prácticas en empresas, despachos de avogados e institucións públicas.

Podes visitar a web da Facultade de Dereito

 Folleto informativo

Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 22/06/2008
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 12/05/2010
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010