O grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía ten como obxectivo impartir ao alumnado formación superior multidisciplinar que combine os coñecementos e competencias necesarias do ámbito da física, química, bioloxía, matemáticas e enxeñaría de materiais coa finalidade de facilitar a comprensión e adquisición dos coñecementos e competencias fixadas. A titulación estuda os fenómenos a escala nanoscópica e a manipulación, preparación e caracterización de nanomateriais.
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
50 |
O Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía é un programa de estudos copleto, multidisciplinar e transversal para formar profesionais e emprendedores nestes sectores considerados de vital importancia cara ó futuro. No contexto actual, e no medio prazo, a Nanociencia e a Nanotecnoloxía conslidaranse como un sector industrial que proporcionará ao consumidor unha gran cantidad de productos de base tecnolóxica. O enorme abano de posibilidades que abrirá este novo sector industrial, altamente tecnificado, convirte en esencial dispor de especialistas neste campo, que constituirá un piar esencial da nova industria, a competitividade dun país e de todos so aspectos da sociedade do coñecemento.
http://ciencias.udc.es/gl/
Curso de comezo | 2020/2021 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 18/05/2020 |
Data autorización Consello Xunta | 19/06/2020 |
Data publicación autorización DOG | 01/07/2020 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 17/09/2020 |
Data publicación plan estudos DOG | 27/05/2021 |
Data publicación plan estudos BOE | 25/05/2021 |