Este programa de doutoramento enmárcase no proxecto Universidade sen Fronteiras (UNISF) financiado polo Programa Transfronteirizo INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP). É un programa de doutoramento no que participan as Universidades de Galicia e do Norte de Portugal (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña, Universidade do Porto, Universidade do Minho, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro).
O estudo está verificado e pendente de publicación
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
2 |
O título pretende dar unha ampla e sólida formación en Matemáticas, pois contén unha ampla gama de temas de investigación que abarcan moitas áreas relevantes da Matemática, así como das súas aplicacións. Preténdese que o estudante de doutoramento adquira as capacidades de investigación, de transferencia e de modelización nas áreas anteriormente citadas.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2022/2023 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 22/10/2021 |