O Programa adscríbese á Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) da USC, á Escola de Doutoramento Internacional (EIDO) da UVigo e á Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EIDUDC), así como ás universidades: Universidade do Porto (UPorto), Universidade do Minho (UMinho) e Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD).
O estudo está
verificado e
pendente de publicación
Por que estudar a titulación
O título pretende dar unha ampla e sólida formación en Matemáticas, pois contén unha ampla gama de temas de investigación que abarcan moitas áreas relevantes da Matemática, así como das súas aplicacións. Preténdese que o estudante de doutoramento adquira as capacidades de investigación, de transferencia e de modelización nas áreas anteriormente citadas.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
-
Universidade de Santiago de Compostela
-
Universidade de Vigo
-
Universidade do Porto
-
Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro
-
Universidade do Minho
| Curso de comezo |
2022/2023 |
| Data publicación BOE de carácter oficial |
22/10/2021 |