Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento

2023/2024

Introdución

O Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento ten unha longa tradición na formación de doutores e de doutoras a través dos diferentes departamentos e áreas de coñecemento participantes na Facultade de Socioloxía, e das cinco áreas do Departamento de Psicoloxía que ten a súa sede na Facultade de Ciencias da Educación.

Nel participan profesores dos grupos de investigación ECRIM (Criminología, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI), o de Diagnóstico molecular e conductual aplicado á saúde (DICOMOSA), o Grupo de Investigación de Psicoloxía Experimental (GIPE), o GRIPA (Grupo de Investigación Persoa Ambiente) do Departamento de Psicoloxía, o ESOMI (Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais), o GET (Grupo de Estudos Territoriais), o OSIM (Organizacións Sociais, Institucións e Mercados) ou o Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO).

Este programa integra 6 Departamentos e 11 áreas de coñecemento. As áreas son:

  • Antropoloxía Social
  • Ciencia Política e da Administración
  • Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
  • Fundamentos de Análise Económica
  • Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais
  • Metodoloxía de Investigación das Ciencias do Comportamento
  • Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Psicobioloxía
  • Psicoloxía Básica
  • Psicoloxía Social
  • Socioloxía
  • O estudo está verificado e pendente de publicación

    O estudo renovou a sua acreditación o luns, 21 de novembro de 2022.

     

    Prezo da titoría anual de doutoramento
    Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
    200€
    Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
    16

    Por que estudar a titulación

    Este é o único programa de Doutoramento da UDC que abarca no seu conxunto ás Ciencias Sociais e do Comportamento. Fronte a outros máis centrados en aspectos moi concretos, neste abórdanse a maioría dos campos de investigación tanto das Ciencias Sociais como do Comportamento.

    A presente proposta de Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento obedece a unha reorganización e integración de ofertas previas da Universidade da Coruña dirixidas á formación de doutores e doutoras. Estes programas previos adscribíanse a diferentes departamentos e áreas de coñecemento que obedecían a unha división académico-administrativa previa, pero tornábanse inadecuados e obsoletos cando o que se pretende é alcanzar outros obxectivos, como unha formación multidisciplinar dos investigadores e investigadoras nos complexos tópicos de investigación que afronta actualmente a Ciencia Social e do Comportamento, un aumento da oferta de liñas de investigación, e unha redución-centralización do aparello administrativo.

    Esta proposta de Programa de Doutoramento establece ademais un marco que incentiva aos investigadores e investigadoras da nosa universidade para mellorar a cantidade e calidade da súa produción, e fortalecer as redes de colaboración con outras universidades do Estado e do estranxeiro (especialmente do ámbito europeo), e con institucións non universitarias de investigación.

     Web propia do programa

    Folla de ruta

    Curso de comezo 2016/2017
    Data publicación autorización DOG 13/07/2016
    Data publicación BOE de carácter oficial 26/10/2016