Programa Oficial de Doutoramento en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Benestar

2023/2024

Introdución

O Programa de Doutoramento de Saúde, Discapacidade, dependencia e Benestar é un programa interuniversitario coordinado pola Universidade da Coruña e impártese conxuntamente nas Universidades de León, Murcia e Salamanca.

Este programa está orientado á formación de investigadores para estudar, analizar, propoñer e implementar solucións baseadas na evidencia relacionadas coa discapacidade, dependencia e benestar.

Estes estudos de doutoramento están deseñados co obxectivo de formar investigadores que mediante os seus proxectos sexan capaces de mellorar a atención ás persoas con discapacidade, e dependencia, desenvolvendo novos programas de atención sociosanitaria e optimizando os xa existentes.

A formación de novos doutores especializados neste ámbito reverterá nunha mellora da saúde, o benestar e a calidade de vida das persoas con discapacidade e da sociedade en xeral.

O estudo está verificado e pendente de publicación

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 18 de xaneiro de 2023.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
10

Por que estudar a titulación

O Programa de Doutoramento de Saúde, Discapacidade, Dependencia e Benestar ofrece a posibilidade de adquirir competencias investigadoras neste ámbito a un gran número de profesionais.

Neste sentido, profesións que proveñen do campo sanitario (fisioterapia, enfermería, terapia ocupacional, podoloxía, logopedia, medicina) ou do campo psicosocial (psicoloxía, educación, traballo social, educación social etc.)/ etc.), poden considerar este programa de doutoramento como unha opción prioritaria para continuar os seus estudos de Grao e Máster.

 Web propia do programa

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidad de Leon
  • Universidad de Murcia
  • Universidad de Salamanca

Folla de ruta