O Programa de Doutoramento en Química Ambiental e Fundamental é un título universitario oficial cuxo obxectivo xeral é formar doutores en Química con orientacións tanto cara ao ámbito do medio ambiente como cara á síntese e caracterización de novos compostos que sexan capaces de abordar e resolver os problemas que demandan a industria, a administración e a sociedade en xeral, impulsando a investigación, o desenvolvemento e a innovación científico-tecnolóxica tanto a nivel fundamental como aplicado.
É un programa de doutoramento interdepartamental no que interveñen doutores das seguintes áreas de coñecemento: Química Analítica, Química-Física, Química Inorgánica, Química Orgánica, Enxeñaría Química e Física.
O Programa de Doutoramento intégrase na Escola Internacional de Doutoramento (EIDUDC http://www.udc.es/eid).
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 18 de maio de 2020.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
15 |
A química representa un dos sectores con maior desenvolvemento social e industrial dos últimos anos, e é un dos campos nos que a Unión Europea mantén un nivel comparable aos Estados Unidos e Xapón, tanto no ámbito académico como científico e industrial. Máis en concreto, a química ten un papel destacado na protección da saúde e o medio ambiente, no desenvolvemento de novos materiais e procesos que permiten mellorar a calidade de vida e o desenvolvemento socio-económico, o que a converte nun dos alicerces da capacidade competitiva dun país.
Nesta liña, o presente programa de doutoramento presenta unha visión desta disciplina como ciencia ampla que versa sobre as propiedades macroscópicas e microscópicas de compostos e materiais de todo tipo: inorgánicos, orgánicos e biolóxicos, así como sobre aspectos químicos do cambio e a reactividade, e inclúe un importante carácter estratéxico relacionado coa especialización no medio ambiente.
Curso de comezo | 2013-2014 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 30/07/2013 |
Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 11/03/2014 |