O Programa oficial de Doutoramento en Tecnoloxías dla Información e Comunicacións en Redes Móbiles é un Programa de Doutoramento interuniversitario no que participan as seguintes universidades: - Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea - Universidade de Cantabria - Universidade de Zaragoza - Universidade de Oviedo - Universidade da Coruña ORGANIZACIÓN Universidade responsable: Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea Departamento responsable: Enxeñaría de Comunicacións Comisión Académica Local UDC: Luis Castedo Ribas (coordinador local do programa de doutoramento na UDC) E-mail: luis.castedo@udc.es Teléfono: +34 98 116 7000 Dirección: Departamento de Electrónica e Sistemas, Facultade de Informática, Campus de Elviña s/n, 15071 A Coruña Comisión Académica Interuniversitaria: Presidente: Manuel María Vélez Elordi Vogal: José Basterrechea Verdeja Vogal: Luis Castedo Ribas Vogal: Fernando Las Heras Andrés Vogal: Eduardo Lleida Solano Responsable do Programa de Doutoramento: Manuel María Vélez Elordi E-mail: manuel.velez@ehu.es Teléfono: +34 94 601 4123 Dirección: Departamento de Enxeñaría de Comunicacións, Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Alameda Urquijo s/n, 48013 Bilbao
O estudo está verificado e pendente de publicaciónO estudo renovou a sua acreditación o luns, 21 de novembro de 2022.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
10 |
O Programa Interuniversitario de Doutoramento TICRM pretende formar investigadores para cubrir parte da demanda existente no ámbito de investigación tanto a nivel universitario como empresarial. No ámbito autonómico, a industria relacionada coas Tecnoloxías da Información e Comunicacións ten un peso específico importante na aportación ao PIB autonómico. Operadores de telecomunicacións, empresas de fabricación de compoñentes e circuitos, empresas de servizos telemáticos e afins son un núcleo que necesita, agora e no futuro, de profesionais cunha formación sólida nas tecnoloxías que forman o contido deste programa de doutoramento. No ámbito nacional, estase potenciando cada vez máis a universalidade das TICs dentro do que se coñece como Sociedade da Información. É notoria a relevancia na economía nacional dos operadores de telecomunicacións e das industrias de fabricantes de compoñentes e circuitos electrónicos, así como aquelas que ofrecen servizos telemáticos e de información. A experiencia dos docentes do programa durante o último decenio permite aseverar que os titulados superiores teñen unha moi boa acollida dentro das empresas, traballando tanto en áreas de I+D como en departamentos de enxeñaría. No ámbito europeo, prácticamente todas as universidades de prestixio con titulacións relacionadas coa área de tecnoloxías da información e comunicacións teñen programas de doutoramento conducentes á formación de doutores en tecnoloxías TIC. Nos países da Unión Europea, os titulados doutores egresados destos programas de posgrao son considerados como o persoal gracias ao cal se desenvolve a investigación de calidade no ámbito non sólo universitario senón tamén empresarial.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2013-2014 |