O Programa de Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia é interuniversitario. Participan as Universidades de Salamanca, A Coruña, La Laguna, Santiago de Compostela, Valladolid e Valencia. O seu obxectivo é formar Doutores nos distintos ámbitos da Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia e dos Estudos sociais da Ciencia e a Tecnoloxía. Na súa forma actual, o Programa Interuniversitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia púxose en marcha no curso 2013-2014. Pero, en realidad, conta xa cunha longa experiencia, pois naceu da confluencia do Máster en Lógica y Filosofía de la Ciencia e o Máster en Estudios Sociales de la Ciencia y la Tecnología, ambos iniciados como Postgraos no curso 2007-2008. Distínguese de outros Programas, máis xeneralistas, polo seu carácter netamente especializado. Isto fai que sexa extraordinariamente valorado no ámbito académico europeo e latinoamericano. A súa principal virtude é o equipo de máis de 50 investigadores de alto nivel que o integran, moi destacados dende o punto de vista académico e tamén moi entregados a este apasionante proxecto interuniversitario cun obxectivo claro: Formar investigadores altamente cualificados en Lóxica e Argumentación, Filosofía da Ciencia, Filosofía da Linguaxe e Estudos sociais da Ciencia e a Tecnoloxía, capaces de responder ás crecentes demandas sociais neste ámbito.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 7 de setembro de 2022.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
4 |
A Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia sobresale polo seu nivel académico e investigador, tanto en España coma en Iberoamérica. Conta cun grupo de investigadores moi importante, tanto polo seu número coma pola calidade e cantidade da investigación que producen. É unha característica desta Área a existencia de vínculos entre os investigadores a través de diversas asociacións tales como a Sociedade de Lóxica e Filosofía da Ciencia en España e a Sociedade de Filosofía Analítica. Los proxectos de investigación nos que participan os miembros da Área, así coma os resultados da dita investigación, teñen un alto nivel de recoñecemento e excelencia. Pero, pese á calidade da investigación desenvolvida na Área da Lóxica y Filosofía da Ciencia, no existía ata 2007 ningún Programa de Doutoramento capaz de aglutinar aos seus membros, un Programa que fose ao mesmo tempo específico da área e suficientemente amplo coma para abarcar a gran variedade de líñas de investigación que a área ampara. Esa foi a razón que nos impulsou a poñer en marcha este Programa interuniversitario de Doutoramento. Nel participan a maior parte dos investigadores do país, así coma algúns dos máis recoñecidos investigadores de outros países europeos e iberoamericanos. O Programa cumplirá en breve dez años, con plena satisfacción dos profesores e dos doutorandos egresados, segundo as enquisas de calidade.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2013-2014 |
Data publicación autorización DOG | 31/01/2014 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 12/06/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 12/06/2014 |