Programa Oficial de Doutoramento en Física Aplicada

2023/2024

Introdución

O programa de doutoramento en Física Aplicada é un título universitario oficial que se enmarca no ámbito das ciencias aplicadas e está orientado, por tanto, a aspectos diversos da ciencia e a tecnoloxía. É un programa interuniversitario entre a Universidade de Vigo (universidade coordinadora) e a Universidade da Coruña.

Os obxectivos que persegue este programa é dotar o alumnado das capacidades necesarias para que a través da realización da súa tese de doutoramento adquira os coñecementos que lle permitan levar a cabo proxectos de investigación e/o a súa incorporación ao mundo industrial.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 18 de xaneiro de 2023.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
35

Por que estudar a titulación

A sociedade global está inmersa nunha continua e rápida evolución tecnolóxica, o que algúns xa propuxeron como unha nova aceleración histórica, tecnolóxica e social. A Física, e en particular a física aplicada, supón un enlace que pode evitar o que foi denominado como fenda tecnolóxica, permitíndonos establecer contacto entre os fenómenos naturais e os “fenómenos” tecnolóxicos e aplicados. Isto favorecerá o desenvolvemento de empresas relacionadas cos novos materiais e o medio como, por exemplo, os polímeros, os novos carburantes e refrixerantes, os líquidos iónicos, os contaminantes físicos, aspectos meteorolóxicos ou oceánicos relacionados co medio etc.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data publicación autorización DOG 31/01/2014
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014