Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Literarios

2023/2024

Introdución

O Programa de Doutoramento en Estudos Literarios ten carácter interuniversitario e proporciona unha formación avanzada no ámbito das literaturas en lingua española, galega e portuguesa, ademais de sentar as bases para a investigación básica aplicada nesta área de coñecemento. O programa ten carácter interuniversitario e nel participan as Universidades da Coruña e Vigo, esta última como entidade coordinadora.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 24 de maio de 2021.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
12

Por que estudar a titulación

O estudo das literaturas, pola súa condición de depositarias do legado social, incide no coñecemento básico, a análise crítica e a utilización do discurso. O interese científico da investigación en literatura reside na exploración, a preservación e a interpretación da memoria sociocultural colectiva, unida a un labor de formación e investigación nas súas vertentes teórica e pragmática.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 26/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014