O programa de doutoramento Estudos lingüísticos está dirixido a aquelas persoas que, cunha titulación universitaria e cun perfil en linguas e lingüística, desexan afrontar o reto de redactar unha tese. Xuntámonos un grupo de especialistas en lingua española, lingua galega e lingüística xeral para ofrecer un programa atractivo e unha contorna estimulante para a realización do plan de investigación. As investigacións poderán versar sobre algún tema relacionado con: Análise do discurso e Pragmática, Sociolingüística, Lexicografía e Lexicoloxía sincrónicas e históricas, Gramática e Dialectoloxía sincrónicas e históricas, Lingüística de corpus e Tecnoloxías da linguaxe, Aprendizaxe de linguas, Modalidades visuoxestuais e linguas de signos, Edición textual e lingua literaria.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o venres, 3 de xuño de 2022.
|
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
|
Prazas ofertadas para o curso 2026 |
6 |
Por qué facer un doutoramento? O doutoramento é a titulación universitaria de máis alto rango. Indica que a persoa que o ten domina o tema sobre o que fixo a tesis e realizou un traballo de investigación que proporciona algo novo ao noso estado de coñecemento. Por qué facer un doutoramento en lingüística? Como nos comunicamos? Cal é a relación entre a linguaxe e o pensamento? Que é o que fai que cambien as linguas? Por que hai tantas linguas no mundo? Se posúe unha formación lingüística, e ademais faste preguntas como estas, sen dúbida tes un sitio no noso programa de doutoramento. Poderás contribuír co teu traballo de investigación a avanzar na complexa resposta a estas cuestións e outras semellantes. Cales son as avantaxes do programa de doutoramento en Estudos Lingüísticos? Somos un equipo humano cunha capacidade formativa demostrada polas teses que xa diriximos e as que agora están en curso baixo a nosa responsabilidade. Sen dúbida atoparás algún tema do teu interese entre a diversidade de liñas de investigación que ofrecemos. Ademais, a Universidad da Coruña proporcionarache recursos materiais de gran interese, en particular no que se refire ao acceso ás fontes de información. Ofrecemos tamén a posibilidade de realizar estadías no estranxeiro beneficiándote da colaboración que mantemos con grupos de universidades estranxeiras en países como Bélxica, Brasil, Francia ou Portugal.
| Data última modificación/verificación ACSUG | 26/07/2013 |
| Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
| Data autorización Consello de Ministros | 21/02/2014 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
| Data publicación plan estudos BOE | 11/03/2014 |