O Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa é un título interuniversitario oficial ofrecido conxuntamente polas tres universidades públicas de Galicia. O seu obxectivo é formar investigadores na área da estatística e a investigación operativa, de modo que sexan capaces de realizar unha tese de doutoramento e desenvolver unha carreira académica ou profesional posterior no devandito ámbito científico.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 1 de marzo de 2022.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
8 |
A toma de decisións no mundo actual, no que se dispón de grandes masas de datos, fai necesario o manexo de ferramentas estatísticas e matemáticas cada vez máis sofisticadas, que deben ser desenvolvidas por expertos como os que se forman neste programa de doutoramento.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2013-2014 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 02/08/2013 |
Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 11/03/2014 |