Programa Oficial de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa

2026/2027

Introdución

O Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa é un título interuniversitario oficial ofrecido conxuntamente polas tres universidades públicas de Galicia. O seu obxectivo é formar investigadores na área da estatística e a investigación operativa, de modo que sexan capaces de realizar unha tese de doutoramento e desenvolver unha carreira académica ou profesional posterior no devandito ámbito científico.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 1 de marzo de 2022.

 

Por que estudar a titulación

O ámbito científico-tecnolóxico no que se forma o estudantado do PDEIO, e no cal se realizan as súas teses doutorais, organízase en dúas grandes liñas de investigación: Estatística e Ciencia de Datos (EST) e Investigación Operativa: Optimización e Teoría de Xogos (IO). Trátase de liñas de grande importancia para o desenvolvemento non só de ciencia básica, senón de gran transversalidade, toda vez que novas contribucións nestas liñas son relevantes para o avance doutras disciplinas como a biomedicina, a economía, a enxeñaría, a informática, as ciencias ambientais e, máis recentemente, as humanidades dixitais e a intelixencia artificial. Esta transversalidade ten reflexo na alta empregabilidade dos egresados do PDEIO, non só no ámbito académico, senón tamén en diferentes sectores do ámbito privado, como poden ser as finanzas, a enerxía ou a consultoría. O PDEIO pretende dotar de formación sólida (en EST e IO) aos seus estudantes, formando profesionais con nivel competencial MECES 4, capaces de adaptarse ás necesidades e demandas dos grandes retos globais en diversos ámbitos da sociedade. Unha proba adicional do perfil transversal subxacente ás liñas de investigación do PDEIO vén dada polo carácter interdisciplinar de moitas das teses que se desenvolven no programa. Cabe salientar que o contexto no que se forma o estudantado do PDEIO é notablemente activo en investigación, como se pode ver na organización dos grupos de investigación implicados no programa. De maneira singular, arredor do PDEIO tamén hai unha importante actividade de transferencia ao sector produtivo, canalizada principalmente a través do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga, https://citmaga.gal/es/home) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións (CITIC, https://citic.udc.es/), o que permite ao alumnado do programa colaborar activamente en proxectos de transferencia, obtendo así un valioso complemento na súa formación doutoral e, en ocasións, podendo conformar tamén unha parte relevante da tesis doutoral.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 02/08/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014