O programa de doutoramento en Equidade e Innovación en Educación está promovido polas Universidades da Coruña, Cantabria, Oviedo, Santiago de Compostela e Vigo (Universidade coordinadora). Está orientado á formación do profesorado e de investigadores educativos desde a perspectiva da equidade e a innovación.
O estudo está verificado e pendente de publicaciónO estudo renovou a sua acreditación o martes, 1 de marzo de 2022.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
11 |
Este Programa tenta responder á necesidade existente na sociedade actual de enfocar a educación desde a perspectiva da equidade e a innovación, xustificándose o seu interese e necesidade nas seguintes evidencias: a) A necesidade de dar continuidade e ofrecer vías de especialización investigadora aos estudos resultantes da nova ordenación do sistema universitario en Educación, e máis concretamente: a) os estudos de formación de profesorado de Educación Infantil e Primaria, que tralas recentes reformas están chamados a dar acceso e ter continuidade en estudos de segundo e terceiro ciclo; b) os estudos de formación de profesorado de Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, c) outros másteres de especialización educativa xa existentes nas universidades participantes. b) A constatación da necesidade de promover unha investigación que afronte os problemas de desigualdade social e educativa presentes na nosa sociedade e que van adoptando novas formas como resultado das transformacións sociais do país e os efectos dunha economía globalizada e unha sociedade cada vez máis fragmentada. A formación de investigadores preparados para detectar, analizar, investigar e promover procesos educativos innovadores comprometidos coa equidade, a xustiza social e a inclusión é un reto de gran complexidade que constitúe o núcleo deste programa. No mesmo asúmese a formación de investigadores educativos como unha ferramenta de vital importancia para promover sistemas educativos máis equitativos e recoñécese o papel indispensable dunha investigación educativa crítica para a transformación educativa e social. Polo tanto, ten especial relevancia poñer de manifesto que o Programa de Doutoramento Interuniversitario en Equidade e Innovación en Educación pretende ampliar as fronteiras do coñecemento educativo ao suscitar a equidade como un reto desde o que alcanzar a mellora e a calidade na educación, de forma que o binomio Equidade-Innovación constitúe o principal trazo de identidade deste programa, que definirá un particular modo de entender a investigación educativa compartido polas Universidades participantes. c) A formación de investigadores é ademais un elemento clave dunha sociedade baseada no coñecemento. Para alcanzar este obxectivo é necesario incrementar substancialmente o número de persoas con competencias específicas para o desenvolvemento de procesos de indagación relevantes e dirixidos á mellora educativa. Este programa de doutoramento contribuirá a incrementar a presenza nas institucións educativas e sociais dun maior número de persoas con competencia educativa en investigación. Unha investigación que pretende ampliar as fronteiras do coñecemento educativo, comprometida coa transferencia do coñecemento, capaz de abrir novas vías e modos alternativos de pensar e reconceptualizar a educación e tamén de transformala e mellorala.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2013-2014 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 16/09/2013 |
Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |