Programa Oficial de Doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial

2025/2026

Introdución

O programa de doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial é un título universitario oficial que busca a formación de especialistas nestes dous campos tecnolóxicos, garantindo que a formación recibida é científico, social, académico e profesional.

O seu obxectivo é promover a excelencia na investigación nos seus propios ámbitos buscando establecer conexións e o contorno produtivo industrial implicado na construcción naval.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 26 de xaneiro de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
10

Por que estudar a titulación

A incorporación de novas técnicas de I+D+i ao sector naval permitirán aumentar o valor engadido dos seus produtos e facelos máis competitivos. Polo tanto, o enfoque fundamental do programa proposto é a investigación aplicada en diferentes ámbitos industriais facendo especial énfase no que é de aplicación ao sector naval. 

Por iso o Programa proposto quere responder ó que entende que é unha demanda do sistema de I+D+i proporcionando profesionais e investigadores cunha alta formación específica e cun coñecemento científico-técnico que dea soporte á actividade empresarial contribuíndo a mellorar o potencial das empresas de fabricación industrial e de construción naval. Estes dous sectores produtivos son comúns ás empresas do contorno da EPEF (Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol) que non é moi diferente a calquera rexión na que existen astilleiros: con isto se quere dicir que existen empresas que fabrican compoñentes para diferentes sectores, entre eles o naval. 

Tamén a tradición de industria naval pode axudar a empresas a entrar noutros sectores produtivos. Polo tanto, formúlase un programa de doutoramento multidisciplinar e integrador que inclúe tanto aspectos técnicos como cuestións organizativos e de xestión. Os procesos mecánicos, o deseño estructural, a automatización e control de procesos, a fabricación e utilización de novos materiais e compoñentes, os procesos enerxéticos e químicos, a xeración, transporte e utilización de enerxía, a arquitectura naval e a propulsión representan algúns dos campos que abrangue o programa de doutoramento. A actividade dos distintos grupos participantes está orientada a alcanzar algún dos retos que formula a industria actual.

As técnicas e métodos empregados están centrados nas novas tecnoloxías e cobren aspectos ambientais, biomecánicos, novos sistemas de produción, construción industrial e naval, telecomunicacións. A formación proporcionada pretende promover a excelencia na investigación no ámbito da enxeñaría e a tecnoloxía naval e industrial ao servizo da sociedade no seu conxunto buscando establecer a vinculación entre a investigación académica, pero aplicada, e o contorno produtivo industrial moi implicado na construción naval.

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 30/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014