O programa de doutoramento é un titulo interuniversitario oficial entre a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.
O Programa de Doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada ten como finalidade formar profesionais investigadores en diferentes ámbitos da investigación biotecnolóxica e constituír unha oferta de estudos de doutoramento competitiva, homoxénea, ben estruturada e de calidade.
O Programa de Doutoramento intégrase na Escola Internacional de Doutoramento (EIDUDC http://www.udc.es/eid).
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 26 de xaneiro de 2022.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
4 |
O obxectivo é preparar os estudantes para que sexan capaces de iniciar e completar unha formación teórica, metodolóxica e investigadora no campo multidisciplinar da biotecnoloxía, que se materialice na elaboración e defensa pública dunha tese de doutoramento complexa, orixinal e innovadora.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2013-2014 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 30/07/2013 |
Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 11/03/2014 |