Programa Oficial de Doutoramento en Computación

2025/2026

Introdución

O programa de doutoramento en Computación é un título universitario oficial que aborda a formación investigadora en computación avanzada. Enmarcado no sector TIC de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, posúe un importante compoñente de enfoque científico no que se prima a xeración de novo coñecemento, fronte a outras titulacións de posgrao na área TIC cun enfoque profesionalizante máis propio dunha enxeñaría, onde se potencia sobre todo a aplicación innovadora do coñecemento existente, o programa fomenta igualmente o espírito emprendedor. O seu obxectivo é formar en competencias de metodoloxía da investigación, de desenvolvemento dun traballo de investigación de calidade e fomenta-la creación e interpretación de novo coñecemento, a través da elaboración dun traballo de investigación orixinal que constitúa a teses doutoral final do alumno. 

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 1 de xullo de 2020.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
20

Por que estudar a titulación

O doutoramento enmárcase dentro dun dos sectores I+D+i xenéricos tapicamente considerados como cruciais no desenvolvemento tecnolóxico dun país: o sector de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). O programa ofrétase por parte do Departamento de Computación, que constitúe unha referencia no seu campo, sendo o máis antigo e de maior tamaño de entre os departamentos universitarios relacionados coa Informática en Galicia. É tamén un dos principais activos de I+D+i da UDC, cun elevado número de proxectos de investigación aplicada e fundamental, xunto con convenios e contratos con outras organizacións públicas e empresas privadas e a participación activa na xeración de empresas spin-off no sector tecnolóxico. O Departamento de Computación posúe unha ampla experiencia en formación de investigadores, cun programa de doutoramento que veu xerando novos doutores de forma continua desde o ano 1992.

 Web propia do programa

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 24/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014