Programa Oficial de Doutoramento en Computación

2023/2024

Introdución

O Programa de Doutoramento en Computación é un título universitario oficial que aborda a formación investigadora en computación avanzada. Enmarcado no sector das tecnoloxías da información e as comunicacións, posúe un importante compoñente de enfoque científico no que se prima a xeración de novo coñecemento, sen esquecer a aplicación innovadora do coñecemento existente ou o espírito emprendedor. O seu obxectivo é formar en competencias de metodoloxía da investigación, de desenvolvemento dun traballo de investigación de calidade e fomentar a creación e interpretación do novo coñecemento, a través da elaboración dun traballo de investigación orixinal que constitúa a tese de doutoramento final do alumno. Mais información en:

http://www.dc.fi.udc.es/phd/

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 1 de xullo de 2020.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
20

Por que estudar a titulación

O doutoramento enmárcase dentro dun dos sectores I+D+i xenéricos tipicamente considerados como cruciais no desenvolvemento tecnolóxico dun país: o sector das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). O programa ofértase por parte do Departamento de Computación, que constitúe unha referencia no seu campo, pois é o mais antigo e de maior tamaño de entre os departamentos universitarios relacionados coa informática en Galicia. É tamén un dos principais activos de I+D+i da UDC, cun elevado número de proxectos de investigación aplicada e fundamental, xunto con convenios e contratos con outras organizacións públicas e empresas privadas e a participación activa na xeración de empresas derivadas (spin-off) no sector tecnolóxico. O Departamento de Computación posúe una ampla experiencia na formación de investigadores, cun programa de doutoramento que veu xerando novos doutores de forma continua desde o ano 1992.

 Web propia do programa

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 24/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014