A cada vez maior conciencia pública sobre os problemas ambientais ten levado ao desenvolvemento, nas últimas décadas e nos países desenvolvidos e con especial incidencia en Europa, dunha ampla variedade de novas necesidades de coñecemento, tecnoloxía, innovación e transferencia daquel relacionadas coa xestión e resolución de moi diversas problemáticas vinculadas co medio ambiente.
O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental é un título universitario oficial cuxo obxectivo é o de formar investigadores/as que poidan reforzar os procesos de xeración e transferencia do coñecemento en relación co medio ambiente, así como a innovación científica e tecnolóxica en todo o relacionado coa súa axeitada xestión.
Os/as investigadores participantes no programa de doutoramento manteñen colaboracións activas con múltiples empresas, institucións, grupos de investigación e investigadores/as tanto nacionais como estranxeiros.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 21 de novembro de 2022.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
15 |
A preservación dos recursos naturais, ben como o seu uso racional e eficiente é un dos principais retos con que se enfronta nestes momentos o ser humano. Os evidentes efectos do cambio climático requiren unha resposta científico-tecnolóxica que permita compaxinar un desenvolvemento sostible co respecto ao medio. A sociedade debe de dotarse de investigadores e tecnólogos capaces de afrontaren o reto que isto supón e de ofreceren solucións que minimicen o impacto ambiental da actividade do ser humano.
Xeralmente os problemas ambientais deben de ser abordados desde diversos campos, polo que o Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental ofrece á sociedade a formación de doutores especializados, con formación multidisciplinar, no eido da ciencia e da tecnoloxía aplicadas ao medio ambiente, capaces de diagnosticaren e/ou ofreceren respostas a problemas ambientais, esencialmente de orixe antropoxénica, compatibles cun desenvolvemento sostible, respostas con compoñentes de tipo administrativo, científico e tecnolóxico, abordando dun xeito integrado os temas ambientais.
Neste sentido cabe sinalar, a modo de exemplo, ámbitos en que calquera posgraduado, con inquietude científico-tecnolóxica, pode atopar a oportunidade de conseguir unha formación especializada e multidisciplinar:
Curso de comezo | 2013-2014 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 02/08/2013 |
Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 11/03/2014 |