Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental

2024/2025

Introdución

A cada vez maior conciencia pública sobre os problemas ambientais ten levado ao desenvolvemento, nas últimas décadas e nos países desenvolvidos e con especial incidencia en Europa, dunha ampla variedade de novas necesidades de coñecemento, tecnoloxía, innovación e transferencia daquel relacionadas coa xestión e resolución de moi diversas problemáticas vinculadas co medio ambiente.

O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental é un título universitario oficial cuxo obxectivo é o de formar investigadores/as que poidan reforzar os procesos de xeración e transferencia do coñecemento en relación co medio ambiente, así como a innovación científica e tecnolóxica en todo o relacionado coa súa axeitada xestión.

Os/as investigadores participantes no programa de doutoramento manteñen colaboracións activas con múltiples empresas, institucións, grupos de investigación e investigadores/as tanto nacionais como estranxeiros.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 21 de novembro de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
15

Por que estudar a titulación

A preservación dos recursos naturais, ben como o seu uso racional e eficiente é un dos principais retos con que se enfronta nestes momentos o ser humano. Os evidentes efectos do cambio climático requiren unha resposta científico-tecnolóxica que permita compaxinar un desenvolvemento sostible co respecto ao medio. A sociedade debe de dotarse de investigadores e tecnólogos capaces de afrontaren o reto que isto supón e de ofreceren solucións que minimicen o impacto ambiental da actividade do ser humano.

Xeralmente os problemas ambientais deben de ser abordados desde diversos campos, polo que o Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental ofrece á sociedade a formación de doutores especializados, con formación multidisciplinar, no eido da ciencia e da tecnoloxía aplicadas ao medio ambiente, capaces de diagnosticaren e/ou ofreceren respostas a problemas ambientais, esencialmente de orixe antropoxénica, compatibles cun desenvolvemento sostible, respostas con compoñentes de tipo administrativo, científico e tecnolóxico, abordando dun xeito integrado os temas ambientais.

Neste sentido cabe sinalar, a modo de exemplo, ámbitos en que calquera posgraduado, con inquietude científico-tecnolóxica, pode atopar a oportunidade de conseguir unha formación especializada e multidisciplinar:

  • xestión integral e uso sostible dos recursos hídricos,
  • I+D+i en procesos industriais e produtos menos contaminantes, reducindo o volume de emisións á atmósfera, á auga e ao solo e eficientes desde o punto de vista do consumo de materias primas e enerxía,
  • redución do impacto industrial no medio, na saúde humana e animal, na vexetación e no patrimonio natural e cultural,
  • I+D+I na busca de alternativas aos contaminantes orgánicos persistentes e aos metais pesados,
  • investigación de riscos xeolóxico-xeotécnicos asociados a desastres naturais e ao cambio climático,
  • desenvolvemento de novos produtos, tecnoloxías e proce

 Web propia do programa

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 02/08/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014