Programa Oficial de Doutoramento en Bioloxía Celular e Molecular

2025/2026

Introdución

O programa de doutoramento en Bioloxía Celular e Molecular é un título universitario oficial que aborda a formación en investigación biolóxica fundamental molecular e celular. Conta coa colaboración de dúas institucións a Universidade da Coruña, fundamentalmente pero non unicamente, a Facultade de Ciencias e o CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía) recentemente distinguido como centro singular da Xunta de Galicia (Rede CIGUS) e o Instituto de Investigacións Biomédicas de Coruña (INIBIC).

O seu obxectivo é formar en competencias metodolóxicas e instrumentais para poder desenvolver proxectos de investigación en Bioloxía Celular, Bioloxía Molecular, Bioquímica, Xenética, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal e Biomedicina.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 26 de xaneiro de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
15

Por que estudar a titulación

O programa ofrece un ensino de calidade, personalizada e integrada en grupos de investigación consolidados. Ten ademais recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional. O programa contou sempre cunha demanda adecuada, e proporcional ás posibilidades formativas que ofrecen as institucións e os grupos de investigación participantes.

Esta demanda procedeu tanto de alumnos procedentes de Galicia, do resto de España e un número importe doutros países latinoamericanos como Cuba, Brasil, México, Colombia, Arxentina ou Ecuador ou do resto do mundo como Marruecos Xordania ou Arxelia. Por outra parte, os doutores egresados contaron cun nivel de éxito en estudos postdoctorais ou inserción profesional elevados, superior ao 95 % cunha especial relevancia nos últimos anos da inserción en empresas privadas, o que demostra a conexión do programa co tecido empresarial e a sociedade en xeral.

 Web propia do programa

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 02/08/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014