O programa oficial de doutoramento en "Arquitectura e Urbanismo" está organizado pola Universidade da Coruña. Ó tratarse dunha titulación única no Sistema Universitario de Galicia preténdese que recolla as actividades investigadoras nestas disciplinas na Comunidade Autónoma de Galicia, pero sen renunciar á súa expansión a nivel nacional e internacional.
O programa está dirixido a formar doutores nas distintas disciplinas da Arquitectura e do Urbanismo. Como se trata de dar resposta a investigacións con ámbitos moi diferentes, o programa dispón de sete liñas de investigación que responden ás áreas de coñecemento propias da arquitectura e do urbanismo e que forman ao alumno nos coñecementos de grao e máster. Estas son:
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 7 de setembro de 2022.
|
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
|
Prazas ofertadas para o curso 2025/2026 |
30 |
O obxecto deste programa é permitir ao alumnado que o elixa alcanzar as capacidades necesarias para realizar unha tese de doutoramento. Isto inclúe tanto aspectos metodolóxicos como técnicas concretas que permitan o desenvolvemento dunha investigación orixinal e co suficiente nivel como para poder ser presentada e defendida.
O obxectivo principal da arquitectura é, e seguramente será sempre, a creación dunha obra que permaneza fundamentalmente polos seus valores artísticos. A arquitectura é unha das Belas Artes e por iso a creación e o proceso de creación son esenciais. Pero ao tempo a arquitectura non é unha arte inmaterial senón que ten que estar sustentada por unha serie de elementos materiais cunhas propiedades moi concretas que inciden de forma ineludible no proceso de deseño. Por iso a investigación en sentido amplo é un proceso que está en todo feito arquitectónico. E é necesario investigar sobre as formas, funcións, materiais, procesos, sistemas construtivos, estructurais ou de instalacións, ciencias básicas, etc. Tamén nos aspectos da historia da arquitectura, tanto para o seu coñecemento, como para guiar posibles intervencións.
Ademais a arquitectura está ineludiblemente ligada ao sector da construción da maior relevancia na actividade económica do país. Por iso a investigación, desenvolvemento e innovación neste campo, ten a máxima importancia e constitúe un reto e unha oportunidade profesional para os nosos egresados.
| Curso de comezo | 2013-2014 |
| Data última modificación/verificación ACSUG | 24/07/2013 |
| Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
| Data publicación plan estudos BOE | 11/03/2014 |