Programa Oficial de Doutoramento en Saúde e Motricidade Humana

2023/2024

Introdución

O programa de doutoramento en Saúde e Motricidad Humana é un título universitario oficial que aborda distintas áreas de coñecemento, con especial interese na formación relacionada coas ciencias da saúde, as ciencias da actividade física e as súas relacións.

As estratexias institucionais en materia de I+D+i que as universidades deben implementar deben ter como obxectivo prioritario o de elevar a calidade, a innovación e as posibilidades de difusión da produción científica. O marco formativo debe ser tal que se poña ao servizo de propiciar a flexibilidade, a autonomía e o recoñecemento oficial do traballo dos doctorandos así como, de futuros proxectos de investigación.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
12

Por que estudar a titulación

O programa de doutoramento Interuniversiario en Saúde e Motricidade Humana expón como finalidade a formación e especialización en técnicas de investigación relacionadas tanto coa Saúde como coa Motricidad Humana.

De acordo con estas perspectivas, o programa integra a un equipo multidisciplinar de expertos e profesionais dos ámbitos de ciencias da saúde a actividade física, e está dirixido a estudantes de titulacións socio sanitarias e das ciencias da actividade física.

Este programa non se desenvolve unicamente no contexto do Sistema Universitario de Galicia (SUG), en tanto que interveñen, ademais da Universidade da Coruña, as universidades de León e de Estremadura.

Memoria de verificación Póster

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidad de Leon
  • Universidad de Extremadura

Folla de ruta

Curso de comezo 2018/2019
Data última modificación/verificación ACSUG 04/05/2018