As tarefas de xestión e dirección laboral poden ser analizadas desde múltiples perspectivas: xurídica, técnica, psicolóxica, sociolóxica e económica, entre outras. Así, o Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral pretende ofrecer ao seu alumnado unha formación integral, en que se desenvolvan de forma progresiva as competencias requiridas e se achegue o conxunto de comportamentos, facultades de análise, toma de decisións e transmisión da información que se consideran necesarios para o eficaz desempeño da profesión.
A natureza claramente multidisciplinar desta formación implica a articulación dos estudos de mestrado propostos, cunha ampla variedade de titulacións de acceso (graos, licenciaturas, diplomaturas e enxeñarías) en ámbitos procedentes principalmente da rama das Ciencias Sociais e Xurídicas.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 15 de outubro de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
30 |
A creación deste mestrado responde á necesidade de especializar na xestión e dirección de persoas un importante número de titulados da rama das Ciencias Sociais e Xurídicas (relacións laborais, dereito, administración e dirección de empresas, economía etc.). A potencialidade do mercado de traballo á hora de absorber os profesionais dos recursos humanos, as relacións laborais e o asesoramento legal nestas materias é grande.
.Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2011/2012 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 05/10/2009 |
Data autorización Consello Xunta | 01/02/2007 |
Data publicación autorización DOG | 08/02/2007 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/05/2011 |
Data publicación plan estudos BOE | 05/04/2017 |