O título oficial de Mestrado en Enxeñaría Mariña ten por obxectivo proporcionar os coñecementos técnicos que debe ter un enxeñeiro mariño, o cal inclúe a formación en técnicas de xestión, re-deseño, montaxe, operación e mantemento de todo o equipamento de buques e artefactos mariños. Os estudos enmárcanse nun perfil de especialización no ámbito da actividade técnica que, ademais, permitirá ao estudante unha orientación cara a estudos de doutoramento e investigación. A formación académica adquirida permitirá cumprir con todos os requisitos de formación esixidos no "Convenio Internacional STCW78/95", de cara ao exercicio profesional como xefe de máquinas da Mariña Mercante, sempre que se cursara previamente o Grao en Enxeñaría Mariña.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o venres, 22 de xaneiro de 2021.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
20 |
O plan de estudos está deseñado seguindo a normativa internacional que regula a formación dos profesionais mariños, e dá acceso a un mercado laboral con alta demanda, con posibilidade de exercer a súa actividade en calquera lugar do mundo e en sectores moi amplos do ámbito tecnolóxico.
Permite acceder, xunto co título de Grao en Enxeñaría Mariña, á profesión de xefe de máquinas da Mariña Mercante
Permite aos que accedan desde outros graos do ámbito tecnolóxico, unha formación especializada de aplicación directa en amplos sectores da actividade industrial.
Disponse de profesorado altamente cualificado, con experiencia profesional maioritaria no ámbito da Enxeñaría Mariña e outros sectores industriais. Garántese, así, unha formación en conexión directa coa realidade do sector.
Curso de comezo | 2011/2012 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 26/07/2011 |
Data autorización Consello Xunta | 15/12/2011 |
Data publicación plan estudos BOE | 20/06/2012 |