O título oficial de Mestrado en Enxeñaría Mariña ten por obxectivo proporcionar os coñecementos técnicos que debe ter un enxeñeiro/a mariño/a, o cal inclúe a formación en técnicas de xestión, re‐deseño, montaxe, operación e mantemento de todo o equipamento de buques e artefactos mariños. Os estudos enmárcanse nun perfil de especialización no ámbito da actividade técnica que, ademais, permitirá ao estudante unha orientación cara a estudos de doutoramento e investigación. A formación académica adquirida permitirá cumprir con todos os requisitos de formación esixidos no "Convenio Internacional STCW", de cara ao exercicio profesional como xefe/a de máquinas da Mariña Mercante, sempre que se cursara previamente o Grao en Máquinas Navais.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o venres, 22 de xaneiro de 2021.
|
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
20 |
O plan de estudos está deseñado seguindo a normativa internacional que regula a formación dos profesionais mariños/as, e dá acceso a un mercado laboral con alta demanda, con posibilidade de exercer a súa actividade en calquera lugar do mundo e en sectores moi amplos do ámbito tecnolóxico.
Permite acceder, xunto co título de Grao en Enxeñaría Mariña, á profesión de xefe/a de máquinas da Mariña Mercante
Permite aos que accedan desde outros graos do ámbito tecnolóxico strong>, unha formación especializada de aplicación directa en amplos sectores da actividade industrial.
Disponse de profesorado altamente cualificado, con experiencia profesional maioritaria no ámbito da Enxeñaría Mariña e outros sectores industriais. Garántese, así, unha formación en conexión directa coa realidade do sector.
| Curso de comezo | 2011/2012 |
| Data última modificación/verificación ACSUG | 26/07/2011 |
| Data autorización Consello Xunta | 15/12/2011 |
| Data publicación plan estudos BOE | 20/06/2012 |