Máster Universitario en Tecnoloxía Textil e Moda Sustentable

2025/2026 · 90 créditos

Interdisciplinar

Introdución

O Máster Universitario en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable da Universidade da Coruña é unha titulación oficial orientada a formar profesionais capaces de afrontar os retos actuais do sector téxtil desde unha perspectiva tecnolóxica, innovadora e comprometida coa sustentabilidade.

Este programa ofrece unha formación avanzada e multidisciplinar que abarca desde os procesos de fabricación téxtil ata o deseño e desenvolvemento de produtos innovadores, integrando as últimas tecnoloxías dixitais e as estratexias sostibles aplicadas á moda e a industria téxtil.

Dirixido tanto a titulados en áreas técnicas como creativas, o máster combina contidos teóricos e prácticos, fomentando a colaboración con empresas, centros de investigación e profesionais do sector. O noso obxectivo é formar especialistas cunha visión integral e actualizada, capaces de liderar a transformación do sector cara a modelos máis responsables, circulares e sostibles.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
20

Por que estudar a titulación

A titulación conta con modalidade presencial e a distancia. Na modalidade a distancia, establécese unha presencialidade mínima obrigatoria en períodos concretos do curso. Estas sesións presenciais poderán incluír obradoiros, prácticas de laboratorio e probas de avaliación que, pola súa natureza, non se poden desenvolver de forma virtual. Esta medida é esencial para garantir a correcta adquisición das competencias prácticas por parte do estudantado.

Folla de ruta

Curso de comezo 2024/25
Data última modificación/verificación ACSUG 14/06/2024
Data autorización Consello Xunta 15/07/2024
Data publicación autorización DOG 24/07/2024
Data publicación BOE de carácter oficial 27/09/2024