Máster Universitario en Tecnoloxía Textil e Moda Sustentable

2024/2025 · 90 créditos

Interdisciplinar

Introdución

Este máster impartese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria en formación no ámbito da enxeñaría. 

O Máster Universitario en Tecnoloxía Textil e Moda Sostible da Universidade dá Coruña é unha titulación oficial orientada a formar profesionais capaces de afrontar os retos actuais do sector téxtil desde unha perspectiva tecnolóxica, innovadora e comprometida coa sustentabilidade. 

Este programa ofrece unha formación avanzada e multidisciplinar, que abrangue desde os procesos de fabricación téxtil,  integrando as últimas tecnoloxías dixitais, ata o deseño e desenvolvemento de productos innovadores utilizando as estratexias sustenbles máis recentes de aplicación no sector.

Os egresados terán a capacidade de integrarse nunha industria en constante transformación, de liderar o futuro do sector téxtil, combinando innovación tecnolóxica, sustenibilidade e emprendemento ou mesmo de impulsar o seu propio negocio no ámbito da moda e os téxtiles sustenbles.  

Dirixido tanto a titulados en áreas técnicas como creativas, o máster combina contidos teóricos e prácticos, fomentando a colaboración con empresas, centros de investigación e profesionais do sector. O noso obxectivo é formar especialistas cunha visión integral e actualizada, capaces de liderar a transformación do sector cara a modelos máis responsables, circulares e sustenbles.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
20

Por que estudar a titulación

  • Neste máster ofrécese:

    • Especialización avanzada en tecnoloxía téxtil e materiais innovadores.
    • Enfoque en sustenbilidade e economía circular aplicada ó sector.
    • Formación multidisciplinar (técnica, ambiental e económica).
    • Desenvolvemento de capacidades en I+D+i e uso de tecnoloxías avanzadas.
    • Alta empleabilidad en deseño, innovación e investigación textil
    • Fomento do emprendemento e competencias transversais.

  • A titulación conta con modalidade presencial e a distancia. Na modalidade a distancia, establécese unha presencialidade mínima obrigatoria en períodos concretos do curso. Estas sesións presenciais poderán incluír obradoiros, prácticas de laboratorio e probas de avaliación que, pola súa natureza, non se poden desenvolver de forma virtual. Esta medida é esencial para garantir a correcta adquisición das competencias prácticas por parte do estudantado.
  •  Folleto informativo

    Folla de ruta

    Curso de comezo 2024/25
    Data última modificación/verificación ACSUG 14/06/2024
    Data autorización Consello Xunta 15/07/2024
    Data publicación autorización DOG 24/07/2024
    Data publicación BOE de carácter oficial 27/09/2024