O Máster en Fabricación Aditiva impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria na formación no eido da enxeñaría.
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
10 |
Estudar o Máster en Fabricación Aditiva permite adquirir unha formación especializada nunha das tecnoloxías clave para a transformación dixital da industria. A fabricación aditiva, ou impresión 3D industrial, está a revolucionar sectores como a automoción, a aeronáutica, a saúde ou a enerxía, xerando unha demanda crecente de profesionais capacitados. Este máster proporciona as competencias necesarias para deseñar, optimizar e fabricar compoñentes avanzados, promovendo a innovación, a sostibilidade e a eficiencia nos procesos produtivos. Dirixido a titulados en enxeñaría e áreas afíns que desexen ampliar as súas competencias en fabricación dixital, o programa combina formación teórica e práctica en contornos reais, con acceso a equipamento de vangarda e conexión co tecido empresarial mediante seminarios e prácticas curriculares.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2023/2024 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 27/04/2023 |
Data autorización Consello Xunta | 01/08/2023 |
Data publicación autorización DOG | 11/08/2023 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 30/10/2023 |
Data publicación plan estudos DOG | 14/12/2023 |
Data publicación plan estudos BOE | 21/12/2023 |