Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade

2023/2024 · 60 créditos

Introdución

O Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, Escola Universitaria Politécnica e Escola Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria en formación no ámbito da enxeñaría.

O Mestrado ten a posibilidade de cursalo en modalidade non presencial (on-line), é de carácter internacional e ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación co Instituto Politécnico de Bragança - Portugal.

Os estudos pódense realizar nun único curso académico e o título obtense tras superar 60 ECTS. A distribución por créditos segundo o tipo de materias é o seguinte:

  • 27 ECTS - 6 Materias obrigatorias.
  • 21 ECTS - 7 Materias optativas.
  • 3 ECTS - Prácticas en empresas.
  • 9 ECTS - Traballo Fin de Mestrado.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
25

Por que estudar a titulación

O obxetivo fundamental do Mestrado é a formación de titulados especializados dentro do ámbito da eficiencia enerxética e a sustentabilidade, tratando de responder ás exixencias que produciranse no mercado laboral, como consecuencia do desenrolo do marco normativo relativo á eficiencia enerxética e ós obxetivos de desenrolo sostible.

O Real Decreto 56/2016, do 12 de febreiro, pretende impulsar e promocionar actuaciones a efectuar nun marco da sustentabilidade nos procesos de consumo enerxético que poidan contribuir a:

  • O aforro e a eficiencia da enerxía primaria consumida.
  • Optimizar a demanda enerxética da instalación, equipos ou sistemas consumidores de enerxía.
  • Dispor dun número suficiente de profesionáis competentes e fiables a fin de asegurar a aplicación efectiva e oportuna dos regulamentos e/ou normativas.
  • Ademáis, o Real Decreto ofrece a posibilidade de que os estudantes deste Metrado poidan acreditarse directamente como proveedores de servizos enerxéticos.

O gran crecimiento do sector enerxético internacional e europeo nos últimos anos aposta por un mellor uso da enerxía, así como pola sua xeración a partires de fontes non contaminantes pra o medio ambiente e sempre nun contexto de sustentabilidade. En resposta a demandas sociáis, políticas e económicas, aparece unha gran demanda de profesionáis con formación de alto nivel en ditas áreas, pero tamén cun nivel de exixencia elevado en canto a coñecemientos teóricos e prácticos, tan só alcanzable mediante estudos universitarios de posgrado.

Os Pláns de Acción de Enerxías Renovables, tanto nacionáis como internacionáis, vaticinan pra o futuro un mercado laboral crecente altamente competitivo e especializado nas áreas de eficiencia enerxética, enerxías renovables e sustentabilidade.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2022/2023
Data última modificación/verificación ACSUG 27/06/2022
Data autorización Consello Xunta 27/07/2022
Data publicación autorización DOG 10/08/2022
Data publicación BOE de carácter oficial 28/10/2022
Data publicación plan estudos DOG 06/07/2023
Data publicación plan estudos BOE 10/07/2023