O Mestrado Universitario en Xerontoloxía (MUG), cunha longa tradición na Universidade da Coruña, comeza a súa andaina constando de 120 ECTS (BOE do 3 de xullo de 2006), reconverténdose máis tarde en 90 ECTS (BOE do 25 de novembro de 2014), para finalmente adaptarse a 60 ECTS, que é a carga lectiva de que constará a partir da edición 2021-2022.
Cunha tripla orientación académica, investigadora e profesionalizante, o Mestrado é un título interuniversitario no que participa tamén a Universidade de Santiago (USC), constando dun primeiro cuadrimestre común e un segundo cuadrimestre, onde o estudantado pode elixir entre a especialidade clínica (UDC) e a especialidade social (USC). Ademáis, o estudantado pode elixir a dobre especialidade, para o que, deberá realizar as materias obrigatorias de ambas especialidades.
Unha vez realizado o MUG, o estudantado pode acceder ao programa de doutoramento en Ciencias da Saúde.
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
20 |
Segundo estimacións da Organización Mundial da Saúde (OMS), entre 2015 e 2050, a proporción da poboación mundial con máis de 60 anos pasará de 900 a 2000 millóns, incrementándose do 12% ao 22%. Ademáis, o avellantamento é cada vez máis rápido, así países como Brasil, India e China pasarán do 10% ao 20% na proporción de persoas maiores en pouco máis de 20 anos. En América Latina e Caribe, proxéctase que 1 de cada 5 habitantes será unha persoa maior de 65 anos no 2050 (Comisión Económica para América Latina e o Caribe, CEPAL). En Europa, segundo o Centro Internacional sobre o Envellecemento (CENIE), en 2050 máis do 36% da súa poboación terá máis de 65 anos.
Referíndonos a España, e dentro dela a Galicia, sinalar que é unha das CC. AA. máis envellecidas, cunha porcentaxe de persoas maiores de 65 anos, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (2019) do 25,2% (só superado por Asturias, co 25,7%, e igualado con Castela e León, co 25,2%).
Ante esta situación de avellantamento poboacional, é necesario que a sociedade incorpore profesionais do campo da Xerontoloxía e/ou Xeriatría, que, ademáis de nutrir aos actuais recursos, poidan dar cobertura ás necesidades detectadas, que inclúen a posta en marcha de novos recursos, que dotados de profesionais debidamente cualificados, proporcionen os coidados especializados á demanda xerada e por vir.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2021/2022 |
Data autorización Consello Xunta | 08/07/2021 |
Data publicación autorización DOG | 16/07/2021 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 22/10/2021 |
Data publicación plan estudos DOG | 23/12/2021 |
Data publicación plan estudos BOE | 17/01/2022 |