Máster Universitario en Visión por Computador

2023/2024 · 90 créditos

Introdución

O Máster Universitario en Visión por Computador é un máster internacional interuniversitario, con docencia en inglés, organizado pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade do Porto. O máster ofrece unha especialización multidisciplinar que abarca de forma integral os fundamentos e ámbitos de aplicación máis relevantes da visión por computador.

A visión por computador é unha área da intelixencia artificial que ten como obxectivo o procesamento, análise e interpretación automáticos dos contidos e información existentes en imaxes, videos e datos 3D do entorno, usando métodos computacionais.

Máis información na páxina web do máster: https://www.imcv.eu.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
6

Por que estudar a titulación

A crecente presencia de dispositivos con capacidades de adquisición de imaxe dixital, unido aos recentes avances tecnolóxicos, fai que o uso da visión por computador en múltitude de aplicacións innovadoras sexa hoxe unha realidade. Por isto, a visión por computador supón unha área estratéxica para multitude de empresas tecnolóxicas innovadoras, así como un campo de investigación con cada vez maior relevancia científica. Con todo, o carácter multidisciplinar específico da visión por computador, ademais da súa complexidade inherente, require de profesionais especializados co alto nivel formativo que ofrece este máster.

O plan de formación está dirixido tanto a estudantes como a profesionais que busquen unha especialización de Visión por Computador orientada ao mercado de traballo ou ao emprendimento, así como a aqueles moi motivados pola investigación, que precisan un máster neste campo antes do inicio dunha tese doutoral.

Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.

Folla de ruta

Curso de comezo 2020/2021
Data última modificación/verificación ACSUG 18/05/2020
Data autorización Consello Xunta 19/06/2020
Data publicación autorización DOG 01/07/2020
Data publicación BOE de carácter oficial 17/09/2020
Data publicación plan estudos DOG 10/05/2021
Data publicación plan estudos BOE 07/05/2021