Máster Universitario en Economía

2020/2021 · 60 créditos

Introdución

A existencia de estudos avanzados de economía e empresa é unha necesidade de toda sociedade moderna que pretenda desenvolver unha actividade económica que satisfaga as necesidades da cidadanía e lle proporcione benestar de forma sustentábel no tempo. A Facultade de Economía e Empresa da UDC ofrece un mestrado interuniversitario en Economía (MiE) orientado a formar profesionais en economía e empresa cunha elevada capacitación académica que lles permita tomar decisións estratéxicas ou, de ser o caso, afrontar con éxito posteriores estudos de doutoramento. Visita a páxina web: https://www.mastereconomia.gal

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.034€
Prazas ofertadas para o curso 2020/2021
15

Por que estudar a titulación

O atractivo fundamental deste mestrado é a súa metodoloxía de impartición, fundamentalmente orientada á análise e resolución de problemas avanzados que os profesionais teñen que afrontar na súa práctica cotiá. Ademais, capacita ós alumnos a abordar un programa de doutoramento competitivo a nivel internacional. Por último, dado o seu carácter interunivesitario, este mestrado implica un constante manexo de ferramentas teleformativas.

 Folleto informativo

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Santiago de Compostela
  • Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2018/2019
Data última modificación/verificación ACSUG 11/04/2018
Data autorización Consello Xunta 13/06/2018
Data publicación autorización DOG 29/06/2018
Data publicación BOE de carácter oficial 07/09/2018
Data publicación plan estudos DOG 12/06/2019
Data publicación plan estudos BOE 08/06/2019