Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial

2023/2024 · 120 créditos

Introdución

Nunha sociedade altamente competitiva e con recursos cada vez máis limitados, o Deseño Industrial e a innovación son factores clave para o desenvolvemento da sociedade e a mellora na calidade de vida dos individuos, proporcionando experiencias innovadoras e gratificantes a través de novos produtos, sistemas e servicios.

O Deseño Industrial é unha profesión interdisciplinar que conxuga a creatividade coa tecnoloxía existente á hora de resolver problemas e proporcionar solucións e produtos mellores, contribuíndo decisivamente a eliminar a barreira entre o que actualmente existe e o que realmente a sociedade demanda e sería posible cos medios adecuados, xerando novas oportunidades de negocio en base á innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

O Máster Universitario en Enxeñería en Deseño Industrial profundiza nos aspetos claves do Deseño Industrial, proporcionando unha formación altamente especializada en tres setores económicos clave: o Deseño para a Movilidade, Transporte e Automoción, o Deseño de Complementos de Moda, Xoiería e Xemoloxía e o Deseño de Mobiliario e Contract, ó longo de dous anos de duración, cun total de 120 ECTS.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
25

Por que estudar a titulación

Uns dos principais rasgos distintivos que caracteriza esta aposta formativa no Campus de Ferrol é a forte interacción co ámbito industrial e empresarial que se conseguiu ó longo dos máis de vinte años de existencia da Escola Universitaria de Deseño Industrial, EUDI.

Son numerosos os proxetos de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, as xornadas e os asesoramentos técnicos e estratéxicos, que se realizan continuamente no marco de numerosos convenios de investigación e asesoramento, enmarcados na actividade docente e nos que sempre participan os estudantes de forma activa.

O nivel de formación alcanzado polos egresados e a calidade dos Proxetos dirixidos na EUDI son o aval óptimo para os axentes institucionais, empresariais e industriais, de tódolos sectores, cos que a Escola colabora intensamente.

Folla de ruta

Curso de comezo 2018/2019
Data última modificación/verificación ACSUG 10/04/2018
Data autorización Consello Xunta 13/06/2018
Data publicación autorización DOG 29/06/2018
Data publicación BOE de carácter oficial 07/09/2018
Data publicación plan estudos DOG 12/08/2020
Data publicación plan estudos BOE 13/08/2020