Máster Universitario en Edificación Sostible

2025/2026 · 60 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Edificación Sustentable (MUES) é un ciclo oficial de estudos de un ano de duración cuxo fin é formar a profesionais nos ámbitos da sustentabilidade.

A temática a desenvolver conta na actualidade con grande interese debido á entrada en vigor de diversas normativas nacionais e europeas, como o marco Horizonte 2030, que condicionan o futuro das novas edificacións.

A partir de 2020 será obrigatorio que todos os edificios de obra nova sexan de consumo enerxético case nulo, por isto o Mestrado ten como obxectivo a formación de profesionais cualificados e especializados que cubran dita necesidade.

Os contidos formativos, con unha carga práctica significativa, están orientados a dotar de competencias profesionais ao alumno para dar resposta á demanda actual e futura de expertos en sustentabilidade.

Este ciclo superior de estudos promove tamén o inicio da carreira investigadora, dirixíndoa cara o doutoramento en materias relacionadas coa edificación sustentable, de máxima actualidade.

O Plan de estudos inclúe 3 especialidades:

  • Certificación da sustentabilidade na edificación
  • Certificación da verificación estrutural
  • Auditoría e certificación enerxética na edificación

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 22 de xuño de 2021.

 

Prazas ofertadas para o curso 2026
30

Por que estudar a titulación

Saídas profesionais

O Mestrado terá unha orientación mixta, profesional e investigadora, camiño necesario para incrementar o aporte de coñecemento ao sector da edificación.

Unha das finalidades do Mestrado é formar profesionais da Edificación especializados capaces de levar a cabo os obxectivos de converxencia prantexados nas directivas europeas máis recentes para o crecemento sustentable (Horizonte 2030) e recollidos no Plan de Acción de Aforro e Eficiencia Enerxética do Estado español, que xerarán unha grande demanda de profesionais especializados.

Ademais, este Mestrado tamén abrirá a posibilidade de crear grupos e centros de investigación, ligados ou non á xeración de teses de doutoramento.

Tamén, a posibilidade de realizar Prácticas Externas Extracurriculares como complemento á formación práctica e medida de apoio á orientación profesional e empregabilidade, permitirá ao alumno alcanzar un mellor contacto coa realidade laboral do sector.

Especialización

A implantación de sistemas de certificación de sustentabilidade como Breeam, Leed, Verde ou Passivhaus, son algunhas das ferramentas que este Mestrado promove co fin de propoñer a necesaria reconversión do sector da edificación e facer fronte ao reto da sustentabilidade. Isto fomentará o uso de novas ferramentas informáticas que enriquecerán a formación e desenvolvemento dos alumnos nos distintos sectores profesionais.

Multidisciplinariedade

Contar con alumnado e profesorado procedentes de distintos ámbitos profesionais fomentará o coñecemento desde outros puntos de vista, creando unha visión máis completa da importancia da sustentabilidade nas súas múltiples vertentes.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2023
Data autorización Consello Xunta 04/07/2017
Data publicación autorización DOG 14/07/2017
Data autorización Consello de Ministros 29/09/2017
Data publicación BOE de carácter oficial 24/10/2017
Data publicación plan estudos DOG 22/10/2018
Data publicación plan estudos BOE 13/11/2018