Título habilitante para o exercicio da profesión regulada de Arquitecto, que haberá de cursarse despóis do Grao en Estudos de Arquitectura.
O obxectivo é formar profesionais que:
1. Teñan aptitude para proxectar, redactar proxectos de construción e, dunha maneira mais xeral, investigar, crear e xestionar procesos complexos.
2. Coñezan a historia e as teorías da arquitectura, así como as artes, a tecnoloxía e as ciencias humanas relacionadas co habitar.
3. Coñezan o urbanismo e as súas técnicas de planificación.
4. Comprendan as relacións entre as persoas e os edificios e o seu contorno.
5. Resolvan os problemas da concepción estrutural, da construción e das distintas tecnoloxías vinculadas cos edificios de xeito que estes se doten das condicións de comodidade e protección climática.
6. Saiban satisfacer os requisitos dos usuarios dos edificios en función dos factores orzamentarios, a normativa e as capacidades da industria da construción.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o venres, 19 de xullo de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
90 |
O Mestrado Universitario en Arquitectura pola Universidade dá Coruña, é a única titulación do Sistema Universitario Galego que che permitirá o exercicio da profesión regulada de Arquitecto de acordo co novo itinerario formativo establecido na Ordén EDU 2075/2010
Cursar esta titulación proporcionará a aptitude para investigar, crear e xestionar procesos complexos na realización de proxectos arquitectónicos e urbanos.
Proporciona, así mesmo, unha gran carga artística, tecnolóxica, sociolóxica e humanística relacionada co habitar.
Afóndase nos conceptos estruturais, da construción e as distintas tecnoloxías vinculadas co proceso de edificación.
En todos os casos, incídese nos aspectos enerxéticos, de sustentabilidade e de atención á diversidade.
Curso de comezo | 2015/2016 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 23/03/2015 |
Data autorización Consello Xunta | 04/06/2015 |
Data publicación autorización DOG | 17/06/2015 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 21/10/2015 |
Data publicación plan estudos DOG | 23/02/2016 |
Data publicación plan estudos BOE | 14/03/2016 |