Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia é un título da Facultade de Fisioterapia. A súa carga lectiva equivale a 60 ETCS (anual). Pertence á rama de coñecemento de ciencias da Saúde, ten unha orientación investigadora que aglutina diferentes disciplinas, e que se plasman en forma de dúas especialidades: -Intervención psicolóxica na discapacidade e na dependencia: a súa estrutura curricular caracterizase por un enfoque integral, abordando dende a atención temperá e a intervención nos trastornos do desenvolvemento, ata o deterioro cognitivo e as problemáticas familiares e de coidado derivadas das situacions de discapacidade y dependencia, así coma nas estratexias para a súa adecuada prevención. -Rehabilitación funcional na discapacidade e na dependencia: esta especialidade estructurase de maneira que se aporta ao alumnado formación de carácter avanzado na rehabilitación funcional de procesos que conlevan discapacidade e dependencia, como disfuncións cardio-respiratorias, neurolóxicas ou que implican a presenza de dor crónica. Ademáis, capacitase ao estudante na xestión e avaliación de recursos socio-sanitarios neste ámbito, dotándoo ademáis de coñecementos sobre las tecnoloxías de apoio ás persoas con discapacidade.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 17 de decembro de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
30 |
O programa ofrece a versatilidade suficiente como para ser do interese de gran variedade estudantes procedentes de diferentes titulacións do eido socio-sanitario que presenten preferencias formativas de especialización orientadas especificamente cara o ámbito da investigación no eido da discapacidade e dependencia, dende un punto de vista tanto da asistencia, da intervención psicosocial ou da xestión de recursos. A través de este programa, os graduados/as que teñan cursado 240 ECTS, procedentes de calquera das titulacións dos ámbitos das ciencias de la saúde ou socio-xurídicas, poderán completar coherentemente a súa formación no campo da discapacidade e da dependencia. Ademáis, o perfil acadado trala realización dos estudos de mestrado, adaptase de forma idónea ao perfil de ingreso do programa de doutoramento interuniversitario “Saúde, discapacidade e dependencia e benestar”, que forma parte da Escola Internacional de Doutoramento da UDC, en convenio coas universidades de Murcia, León e Salamanca.
Curso de comezo | 2015/2016 |
Data autorización Consello Xunta | 04/06/2015 |
Data publicación autorización DOG | 17/06/2015 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 21/10/2015 |
Data publicación plan estudos DOG | 30/10/2017 |
Data publicación plan estudos BOE | 03/11/2017 |