Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos

2023/2024 · 120 créditos

Introdución

O Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos é unha adaptación e mellora dos últimos cursos da anterior titulación de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. O Máster en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos xunto co Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil remplazan a anterior titulación de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos que se imparte na Escola de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos desde a súa fundación en 1991 ata a actualidade.

En 2020 este máster obtivo o selo de calidade internacional EUR-ACE.

http://www.enaee.eu/

Contacta con nós en:

Tel. 981167000 extensión 1440

Máis información

O estudo foi avaliado favorablemente pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia o 20/06/2014 e Verificado o 25/07/2014.

Web da Escola

Twitter, Instagram, Facebook

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 30 de outubro de 2018.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
25

Por que estudar a titulación

O Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos proporciona (xunto co Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil ) unha formación físico matemática sólida e rigorosa na que se sustenta unha formación avanzada de tipo técnico e tecnolóxico dos múltiples eidos da Enxeñería Civil. Este máster proporciona as competencias profesionais da profesión regrada de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos en España; unha profesión plenamente vixente e con máis de 200 anos de antigüidade directamente ligada ao sector da Enxeñería Civil, un dos principais motores da economía española e un referente tanto a nivel nacional como internacional do desenvolvemento tecnolóxico e empresarial español. Así, as empresas relacionadas co sector da Enxeñería Civil e os Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos que conforman os seus cadros de persoal consagráronse como referentes a nivel nacional e internacional tanto no ámbito da Enxeñería Civil coma noutros moitos. Do mesmo xeito este título acredita o Nivel 7 de formación (Máster) a nivel europeo e o nivel de Máster no ámbito internacional.

A Escola conta cunha ampla oferta de prácticas en empresas (unhas 100 ao ano) que garante a realización de prácticas en empresas e un portal de emprego.

A docencia nas aulas compleméntase con prácticas de laboratorio na Escola e no CITEEC.

Os estudantes disfrutan dunha ampla vida universitaria: actividades deportivas (Intercamiños), viaxes de prácticas, Asociacións estudantís (Delegación de alumnos, clube deportivo, etc.), Enxeñería Sen Fronteiras, cursos de formación (e.g. “soft skills”), etc.

Os alumnos indican en este video as súas razóns para estudar na Escola.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Data última modificación/verificación ACSUG 23/07/2014
Data publicación autorización DOG 26/09/2014
Data publicación BOE de carácter oficial 29/12/2014
Data publicación plan estudos DOG 26/08/2015
Data publicación plan estudos BOE 18/08/2015