Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas

2023/2024 · 60 créditos

Introdución

A Facultade de Economía e Empresa da UDC oferta o Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA) orientado, principalmente, a unha formación eminentemente práctica no eido da xestión empresarial.

Visita súa páxina web:

Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
739€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
30

Por que estudar a titulación

O atractivo fundamental deste mestrado é a súa metodoloxía de impartición, fundamentalmente orientada á análise e resolución dos problemas reais que os directivos de empresa teñen que afrontar na súa práctica cotiá.

O desenovolvemento de casos nunha dinámica de grupos participativa que recrea o funcionamento real dunha empresa constitúe o eixe básico da metodoloxía docente. As prácticas e os obradoiros de directivos son achegas didácticas de gran dinamismo e interese para un estudante que queira ter formación de alto nivel no eido da xestión empresarial.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013/2014
Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2013
Data autorización Consello Xunta 05/12/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos DOG 28/04/2014
Data publicación plan estudos BOE 09/04/2014