O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.
|
Prazas ofertadas para o curso 2025/2026 |
0 |
O Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental ofrece unha formación avanzada e interdisciplinar de especialistas con competencias nos ámbitos do medio ambiente e da química a través de dous itinerarios de especialización que o alumno pode elixir en función dos seus intereses, obxectivos e formación previa. Ambos os itinerarios propostos abarcan un enorme mercado económico e laboral con gran demanda de especialistas titulados e posibilidades de emprego, orientado á mellora do sector produtivo, á protección do medio e da saúde, á formación continua de profesionais, entre outros. A especialización obtida no Mestrado mellora as competencias profesionais dos titulados. Todos os alumnos que o cursen deben realizar un traballo de fin de mestrado de tres meses de duración, incluídas as prácticas obrigatorias cunha orientación aplicada de carácter investigador ou profesional. No caso da orientación investigadora desenvólvese baixo a supervisión dun investigador pertencente a un grupo de investigación acreditado, e servirá de iniciación á investigación para aquelas persoas que desexaren continuar co doutoramento. O traballo de fin de mestrado con orientación profesional realízase nunha empresa ou institución pública, onde o alumno ten a oportunidade de aplicar nun ambiente profesional real os conceptos e as habilidades aprendidos. O Mestrado presta especial atención á orientación profesional e dispón de convenios de colaboración para a realización de prácticas externas con numerosas empresas e organismos públicos de distintos ámbitos, o que permite ofrecer ao alumnado unha ampla oferta de prácticas profesionais.
TITULACIÓN INTERNACIONAL
A ligazón para o sitio web da dobre titulación é:
http://rethink.fa.ulisboa.pt/index.php/report-info/workpackage-3/double-degree-agreements
Máis información: http://ciencias.udc.es/mestrados
| Curso de comezo | 2012/2013 |
| Data autorización Consello Xunta | 08/11/2012 |
| Data publicación autorización DOG | 19/11/2012 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 23/04/2013 |
| Data publicación plan estudos DOG | 26/08/2015 |
| Data publicación plan estudos BOE | 18/08/2015 |