O Máster Universitario en Enxeñería Industrial é un título oficial con orientación profesional coas competencias que establece a Orde CIN/311/2009, e por tanto habilita para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Industrial.
Impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da integración das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Politécnica Superior e a Escola Universitaria Politécnica, con mais de 50 anos de traxectoria na formación no ámbito de enxeñaría.
O título obtense tras superar 120 créditos, dos cales 90 créditos correspóndense cos contidos esixidos pola Orde CIN/311/2009. Os 30 créditos restantes consisten en materias optativas agrupadas en 5 orientacións, das cales os alumnos deben cursar dous. O plan de estudos inclúe prácticas obrigatorias en empresa e prácticas optativas en grupos de investigación.
A web da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol complementa a información aquí mostrada sobre o título.
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
40 |
A profesión de Enxeñeiro Industrial ten un amplo respaldo empresarial e social en España, e a súa formación xeneralista valórase moi positivamente. Segundo as estatísticas do Ministerio de Educación, trátase dunha das profesións con maior taxa de empleabilidad. Os últimos datos de inserción laboral do Observatorio Ocupacional da Universidade da Coruña confírmano: dous anos despois de terminar os estudos, os Enxeñeiros Industriais egresados desta universidade teñen unha taxa de emprego do 85% cun 35% de contratos indefinidos.
A formación xeneralista adquirida no Máster Universitario de Enxeñería Industrial amplía as competencias dos graduados da rama de Enxeñería Industrial, especialmente nos ámbitos de xestión e de tecnoloxías industriais distintas ás da súa especialidade. Garántese a realización de prácticas en empresa grazas aos convenios de colaboración asinados con máis de 50 empresas.
O título impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol. O seu pequeno tamaño permite proporcionar aos seus alumnos unha atención máis próxima e personalizada. O campus está situado no centro urbano da cidade, e recentemente púxose en marcha a iniciativa Campus Industrial de Ferrol para convertelo nunha referencia de recoñecido prestixio no ámbito industrial.
Curso de comezo | 2018/2019 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 27/07/2022 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 07/09/2018 |
Data publicación plan estudos DOG | 10/08/2023 |
Data publicación plan estudos BOE | 12/08/2023 |