Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica

2025/2026

Introdución

O título de Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF naceu no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria na formación no ámbito da enxeñaría.

Este título proporciona os coñecementos científicos e tecnolóxicos necesarios para acceder a postos de maior responsabilidade na industria mariña, sendo a continuación das titulacións oficiais dos graos en Arquitectura Naval, en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque e Enxeñaría Naval e Oceánica.

Trátase dun título de Máster Oficial con orientación profesional coas competencias que se establecen na Orde CIN/354/2009 e, por tanto, habilita para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro/a Naval e Oceánico.

O máster permite entrar en contacto directo cos grupos e programas de investigación que se desenvolven na EPEF e que teñen a súa continuidade no doutoramento.

O estudo está pendente de verificación

 

Por que estudar a titulación

Unha carreira cun futuro... Formamos profesionais altamente cualificados e preparados para acceder a postos de responsabilidade nun mercado laboral con multitude de campos de actuación.

Unha profesión fascinante... Esta profesión capacitaravos para traballar en sectores ligados ao ámbito da Enxeñaría Naval e Oceánica (proxecto, enxeñaría de fabricación, dirección de obra, inspección técnica, seguridade, salvamento e rescate, apoio loxístico, plans de mantemento, transformacións, reformas e grandes reparacións, xestión de industrias mariñas, etc.) desenvolvéronse, principalmente, sobre os seguintes sistemas tecnolóxicos:

  • Barcos e embarcacións de todo tipo
  • Plataformas e artefactos flotantes e fixos (diques flotantes, dragas e artefactos auxiliares para construción e mantemento de portos e costas, artefactos para exploración e aproveitamento de recursos mariños, etc.)
  • Tecnoloxías offshore
  • Acuicultura e sistemas de pesca
  • Industrias mariñas (estaleiros, navieras, etc.)

Formación práctica en empresas... Poderedes realizar prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abarcan practicamente todos os sectores da nosa profesión.