Máster Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía

2023/2024 · 60 créditos

Introdución

Doble mestrado. Trátase dunha dobre titulación (título en Francia + título en España) nunha temática con presente e futuro: os materiais complexos. Este dobre mestrado impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e na Facultade de Ciencias da prestixiosa Universidade Paris Cité, con acceso aos seus laboratorios e coa posibilidade de prácticas remuneradas en empresas francesas para a realización do Traballo de Fin de Mestrado.

A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria na formación no ámbito da enxeñaría.

A Université Paris Cité goza dunha merecida reputación de excelencia no mundo académico. Situada no corazón de París, ofrece unha combinación única de tradición e innovación, o que a fai unha opción atractiva para aqueles que desexan perseguir as súas metas académicas e investigadoras.

Materiais complexos. Abarcan os nanomateriais, polímeros, metamateriais, etc. con aplicacións na biomedicina, a nanotecnoloxía, cosmética, farmacia, alimentación, enxeñaría civil ... Un dos piares do avance tecnolóxico actual é o desenvolvemento de novos materiais. Os materiais complexos constitúen un campo emerxente no que as grandes compañías precisan profesionais altamente especializados.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o xoves, 12 de novembro de 2020.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
10

Por que estudar a titulación

O mestrado proporciona:

  • Formación práctica e altamente especializada nos materiais complexos e nas principais técnicas de investigación asociadas a estes materiais
  • Formación en técnicas avanzadas apoiándonos nunha gran variedade de equipamento científico das universidades e en profesorado con experiencia investigadora contrastada
  • Experiencia internacional, ao desenvolverse nas dúas universidades asociadas (Universidade Paris Cité e Universidade da Coruña)
  • Prácticas. En empresas, universidades ou outras institucións. De realizarse en Francia, estas deben ser remuneradas obrigatoriamente. En España, a remuneración depende de cada empresa/institución
  • Dous títulos de mestrado, “Materiais complexos: análise térmico e reoloxía” pola UDC e “Physique de la matière molle” pola Univ. Paris Cité
  • Alto grao de empregabilidade do estudantado egresado

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013/2014
Data autorización Consello Xunta 06/06/2013
Data publicación autorización DOG 18/06/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 15/11/2013
Data publicación plan estudos DOG 28/04/2014
Data publicación plan estudos BOE 09/04/2014