O Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas está organizado polas tres universidades galegas e impártese de xeito presencial na Facultade de Informática da UDC, a Facultade de Matemáticas da USC e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Uvigo. Un sistema de videoconferencia permite a asistencia a todas as clases desde unha única facultade. A súa duración é dun ano e medio.
Este mestrado, iniciado no ano 2007, provén dun programa oficial de posgrao con mención de calidade nos seus estudos conducentes ao título de doutor/a. Os seus obxectivos de formación son equivalentes aos das mellores propostas do noso contorno europeo.
Pode obterse máis información actualizada na web do mestrado.
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
25 |
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2019/2020 |
Data autorización Consello Xunta | 05/08/2019 |
Data publicación autorización DOG | 14/08/2019 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 17/12/2019 |
Data publicación plan estudos DOG | 30/09/2020 |
Data publicación plan estudos BOE | 08/07/2020 |